A Garda Civil elixiu Tui para conmemorar o seu 180 aniversario. Os actos comezaron este mediodía na Praza de San Fernando, fronte á catedral tudense, coa asistencia de distintas autoridades civís e militares da provincia. Presidiron a cerimonia o subdelegado do Goberno, o alcalde de Tui e o Coronel Xefe da Comandancia de Pontevedra.
No seus transcurso, deuse lectura aos decretos fundacionais do corpo da Garda Civil y procedeuse á imposición de condecoracións, así como á entrega de placas conmemorativas aos axentes retirados.
O acto tamén serviu para render homenaxe aos compañeiros e compañeiras falecidos e para renovar o compromiso de servizo á sociedade por parte da Garda Civil.
Tras os actos na Praza de San Fernando, deslucidos pola chuvia, os presentes procederon a desfilar polo Paseo da Corredoira.