A celebración da Festa de Interese Turístico terá lugar o fin de semana do 1 de xuño
O Concello dá inicio á celebración do Corpus Christi coa apertura de portais. No evento, que tivo lugar ás 21:00 horas, participaron a alcaldesa, Nava Castro e o edil de Cultura, Juan Carlos González xunto aos alfombristas da vila.
Con este acto, márcase o inicio da celebración do Corpus Christi posto que os portais simbolizan a esencia da festividade. É aquí onde os veciños e as veciñas realizan os labores previos á confección dos tapices florais e deseñan as alfombras que engalanarán a vila na fin de semana do 1 e 2 de xuño.
Ademais, a alcaldesa, Nava Castro, e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, realizaron un percorrido polos portais do municipio e puxeron en valor o traballo que desempeñan nos meses previos para seguir facendo do Corpus Christi unha celebración de referencia a nivel nacional e internacional. Cómpre lembrar que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional e declarada BIC.
A alcaldesa, Nava Castro, apuntou que “a apertura de portais marca o inicio dunha serie de eventos e actividades que nos enchen de emoción e de orgullo nos próximos días. Desde o debullado das flores, ata os cantos e contos que se escoitan como eco ata as alfombras e procesións solemnes”. Pola súa banda o tenente da alcaldesa, Juan Carlos González, indicou que “comezamos unha nova edición do Corpus Christi que este ano supón un dobre orgullo ao contar coa declaración de Ben de Interese Cultural”.
Os portais do Corpus Christi
En total, son 20 portais os que albergan a esencia do Corpus Christi de Ponteareas. Neles, os veciños e as veciñas coordinan cada ano a elaboración das alfombras mentres se establecen vínculos familiares e relacións de confianza entre as persoas que traballan día a día para seguir facendo da festividade un referente no eido nacional e internacional.
As persoas alfombristas reúnense nos portais para debullar a flor que conformarán os tapices florais e elaboración algúns elementos naturais que requiran dun tratamento previo como pode ser o tostado ou o conxelado da carriza, entre outros.
Ademais, os portais do Corpus Christi supón un espazo no que se transmiten os coñecementos sobre esta tradición da man de distintas xeracións co obxectivo de atesourar a sabedoría herdada que fixo posible conseguir as distincións de Festa de Interese Turístico Internacional e a declaración de Ben de Interese Cultural.