domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísA CoruñaA policía autonómica comisa 123 quilos de ameixa en Ferrol

A policía autonómica comisa 123 quilos de ameixa en Ferrol

É o resultado dun operativo contra o furtivismo nas zona da Malata e O Couto o pasado 7 de maio, que se saldou coa identificación de 14 persoas

Por unha banda, na zona da Malata, os axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL) da Policía Autonómica identificaron 11 persoas e comisaron 20 quilos de ameixa. E na zona do Couto houbo tres persoas identificadas e o comiso ascendeu a 103 quilos de ameixa babosa, xapónica e fina.

Como resultado, tramitáronse ás persoas identificadas as respectivas denuncias por presunta infracción da Lei de pesca de Galicia. Ademais, todas as ameixas incautadas resementáronse no lugar onde se atoparon.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola Policía Autonómica no eido da loita contra o furtivismo, en colaboración coa Consellería do Mar. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS