jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA Festa dos Cachos volve este domingo ao Porriño

A Festa dos Cachos volve este domingo ao Porriño

A organización preparará máis de 200 cachos para degustar na carpa. A festa dará comezo ás 12 h coa sesión vermú.

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, en colaboración co Concello do Porriño, celebra este domingo, 12 de maio, a súa popular Festa dos Cachos, un evento tradicional que cada ano reune a centos de comensais.


Prepararanse máis de 200 cachos que se poderán degustar a partir das 12 h, cando arranque a festa coa sesión vermú, pulpeiro, animación, rosquilleira e unha gran carpa onde degustar as centolas. A partir das 13 h tamén se servirán os cachos nos restaurantes O Xantar de Pepa e Cólleo con Pinzas.

A historia desta festa vén de lonxe, remóntase á resistencia porriñesa para evitar a entrada dos franceses na vila. Para conmemorar aquel momento histórico levantouse un cruceiro no Porriño e, ao redor del, foi crecendo un barrio que se converteu nun dos máis emblemáticos da vila.


Honrando ao Cristo dos Aflixidos comezou a celebración dunha festa en maio e aos elementos relixiosos fóronse sumando outras actividades de lecer, entre elas, a parte gastronómica coas centolas como protagonistas; un marisco que na zona coñecen como “cachos” como se coñece desde entón ao barrio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS