O programa estará destinado a favorecer a inserción social e laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero e mulleres en situación de especial vulnerabilidade, empadroadas nos Concellos da Cañiza e de Covelo.
Así o comunicaron os seus Alcaldes, Luis Piña e Pablo Castillo esta mañá, despois de terse publicado no DOGA do 2 de maio a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta pola que se lle concede aos dous Concellos unha axuda de 16.420,80 € ao abeiro das subvencións para a promoción da igualdade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
A Cañiza e Covelo asinaron o pasado mes de marzo o convenio e a proposta de colaboración nos respectivos plenos extraordinarios. Neste texto quedaron fixados os obxectivos e as liñas necesarias para solicitar conxuntamente a subvención.
A axuda notificada o pasado venres, contribuirá a por en marcha o programa «CLARA», na honra de Clara Campoamor (1888-1972), abogada, escritora, política e defensora dos dereitos da muller española.
Luis Piña e Pablo Castillo avanzaron que “a subvención de 16.420,80€ cubre o 100% do investimento, sen que os Concellos teñan que aportar ningún recurso propio. Na Cañiza o Servizo estará en funcionamento tres días á semana e en Covelo dous.
Ademáis o Programa estará xestionado por unha empresa especializada baixo o control dos dous concellos, sendo A Cañiza a entidade tramitadora, responsable da contratación do Servizo.