A Xunta reivindica o papel da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) como modelo e exemplo a seguir para todas aquelas comunidades autónomas que aspiran a asumir a xestión directa da súa propia costa no marco das competencias que teñen legalmente atribuídas.
Ángeles Vázquez na rolda de prensa trala reunión de traballo e horas antes da súa participación no III Foro Costas e Litoral. Reflexións para unha necesaria reforma da actual lexislación de costas.