Segundo explicou a súa muller, logo de ser intervido de urxencia no hospital, volveron á nave onde tivera lugar o suceso e atoparon o anaco do polgar, envolvérono nun pano e gardárono no peto.
Días despois, foron almorzar a esta cafetería-panadería situada en pleno centro da vila dos viadutos e caeulle sen decatarse, de aí que os empregados do local o atopasen no momento en que barreron o chan.