Nidia Arévalo e María José Gómez reuníronse esta semana para tratar temas de importancia para o municipio
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse en Santiago de Compostela coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Xuntanza na que se acordou a colaboración autonómica na organización das vindeiras Xornadas Mocolóxicas e Forestais do Concello de Mos, que se celebran cada outono en Mos.
Ademais Arévalo e Gómez afondaron noutras posibles vías de colaboración con esta localidade, abordando asuntos de interese e importancia para o municipio. Tal é o caso da mellora da seguridade viaria en camiños municipais rurais ou en tarefas de prevención de incendios forestais; así como na campaña municipal de loita contra a Vespa Velutina, ‘Stop Velutinas’.
A titular da Consellería do Medio Rural adiantoulle á rexedora local mosense ao remate da reunión que a Xunta de Galicia colaborará co Concello na organización das Xornadas Micolóxicas e Forestais, anuncio recibido con gran satisfacción pola alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo.