Allariz en Tempos do Románico, A Lingua das Bolboretas (Tempos de Guerra), Mulleres de Allariz, Personaxes Senlleiras, Os Museos Cobran Vida e Romasanta de Paseo por Allariz son as seis maneiras de mergullarse na historia do Concello de Allariz e coñecer o pasado e tamén o presente desta vila ourensá.
A Área de Promoción Económica e Turismo presentou unha nova proposta para este ano 2024 dos Roteiros Temáticos: unha serie de visitas temáticas deseñadas para ofrecer unha experiencia única e enriquecedora aos visitantes e residentes por igual.
Están marcadas nove citas, todos os terceiros sábados de mes, ata decembro. Toda a información pódese consultar na páxina web www.allariz.gal/turismo/roteiros-tematicos/. Para participar é preciso inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo en turismo@xeitura.com ou chamando ao 609 474 976. As prazas son limitadas a 20 por roteiro. O custe é de 3 euros sen tarxeta cidadá e de 2 euros con tarxeta cidadá.
Seis propostas para coñecer o pasado e presente de Allariz
O terceiro sábado de cada mes lévanse a cabo roteiros temáticos pola vila para descubrir a súa historia e riqueza patrimonial e cultural