viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeEducaciónPulo á formación en xoiaría en Galicia

Pulo á formación en xoiaría en Galicia

A Xunta reforza a oferta na Escola Mestre Mateo, de Santiago, cunha nova promoción da modalidade dual no itinerario de Xoiaría e Complementos da especialidade de Produto, dentro das Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asinou hoxe dous convenios de colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e coa Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela para a nova promoción de alumnado que cursará esta modalidade formativa que xa comezou a impartirse por primeira vez este curso.

Ofértanse 15 prazas e o alumnado beneficiario compaxinará a súa formación académica nesta Escola de Arte e Superior de Deseño coa práctica en distintas firmas de xoiería e ourivería colaboradoras a partir do 3º curso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS