A Policía Nacional está a investigar aparición de parte do dedo polgar, ao parecer dun varón adulto, nun local de hostalería a pasada semana.
Axentes da policía local e nacional desprazáronse ao establecmeento, localizado en pleno centro da vila dos viadutos, logo de recibir o aviso das empregadas. Alí, procederon a tomar fotografías do dedo e trasladalo a dependencias policiais, iniciándose así a investigación correspondente co obxecto de tratar de identificar á persoa a quen correspondería esta falanxe e así poder esclarecer o acontecemento dos feitos.