jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeEstudantes de As Neves, Salvaterra e Ponteareas únense nunha xornada de teatro...

Estudantes de As Neves, Salvaterra e Ponteareas únense nunha xornada de teatro nas Neves

O alumnado do IES Pazo da Mercé, do IES de Salvaterra e do IES Val do Tea únense nun
evento único que levará as artes escénicas á vila das Neves. O evento terá lugar o xoves, día 9 de maio, e promete ser un día cheo de creatividade e aprendizaxe. Os lugares escollidos para o evento son o auditorio municipal, o mercado e as prazas do centro da vila.


A mañá comezará no auditorio municipal cunha pequena actuación a cargo do grupo de teatro do IES Pazo da Mercé, que dará o ton para o resto do día. A continuación, os estudantes participarán en diversos obradoiros que abordarán temas como expresión corporal, voz, clown, improvisación, escenografía e contacontos. Estes obradoiros, organizados polo profesorado dos tres institutos, ofrecerán aos estudantes a oportunidade de explorar e desenvolver as súas habilidades nas artes escénicas.


Un aspecto destacado desta xornada é a colaboración co alumnado da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, que participará nos obradoiros de expresión corporal. A presenza da profesora Lucía Hernández, acompañando aos estudantes da ESAD, engadirá unha riqueza adicional á experiencia de aprendizaxe.


O evento, inspirado nos tradicionais intercentros deportivos da comarca do Condado, busca
fomentar a colaboración e a creatividade entre os institutos da rexión. O cartel promocional da xornada é obra da alumna do IES Val do Tea, Noa Presa Carrera, quen capturou perfectamente o espírito deste día único.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS