O proxecto de lei no que traballa o BNG formará parte dunha batería de iniciativas en defensa dun sector “clave para o desenvolvemento do rural” pola súa capacidade “para xerar riqueza e emprego, para fixar poboación e para preservar o territorio”, asegurou Pontón, quen avogou por un novo marco legal que apoie a produción vitivinícola e fomente os procesos de innovación, industrialización e comercialización do viño.
A portavoz nacional fixo estas declaracións durante a celebración da XXXI Feira do Viño de Vilachá, na Pobra do Brollón, cita na que destacou a excelente calidade dos caldos da Ribeira Sacra.