Nove participantes, sete mulleres e dous homes, e un reto: gañar o “Talento Xove” de Ponteareas na modalidade de cociña.
O sábado tivo lugar o concurso, cun decorado ao máis puro estilo “Masterchef”, os novos cociñeiros de Ponteareas mostraron a súa arte no edificio que comeza a denominarse Mercatea e que albergará no futuro a praza de abastos da vila do Corpus.
Aínda non se fixo público quen pasa ao final pero o certame resultou un éxito e os protagonistas sorprenderon coas súas receitas, ante un xurado moi esixente no que estaban algúns dos mellores cociñeiros da gastronomía local.
Óscar Álvarez Rodríguez, Celeste Lorenzo Barreira, Joaquín Garrido Domato, Yésica María Sobrino Parente, María Rodríguez Bargiela, María del Mar Lorenzo Bargiela, Lucía Ucha López, María Cabo Varela e Gabriela López, son as e os concursantes.