viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoBuscan xente nova no Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

Buscan xente nova no Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

O proxecto Foro Novo do Baixo Miño busca compartir as inquedanzas da mocidade de toda a comarca usando o teatro foro e o teatro en espazos non convencionais. Baixo e eixo vertebrador da pregunta ‘Que necesitamos as persoas mozas para imaxinar un plan de vida nas nosas vilas?’, a iniciativa busca rapaces e rapazas de 18 a 25 anos para este novo proxecto de investigación teatral.

A iniciativa comezará cunha viaxe a Lugo do 28 de agosto ao 4 de setembro, no que a mocidade participante creará unha peza de teatro foro que se presentará en cada un dos concellos da comarca durante o outono de 2024.

A segunda fase do proxecto comezará cuns obradoiros creativos na Guarda no Nadal para crear unha serie de pezas breves que serán representadas dentro de coches en diferentes espazos da comarca do Baixo Miño.

Este proxecto está coordinado pola asociación FOCO e conta coa colaboración dos concellos de Tomiño, así como do Rosal, A Guarda, Oia e Tui, e coa Xunta de Galicia a través do Espazo Xove de Tui.  Está cofinanciado pola Unión Europea e polo tanto todas as activades son de balde.

As persoas interesadas poden inscribirse neste proxecto a través desta ligazón ata o 31 de maio: https://forms.gle/oTYnCbFEjADQjFjTA

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS