A representación, que se sucederá ao longo de todo mes en diversos concellos de Galicia, comeza hoxe no auditorio de Valga e remata o día 25 en San Xoán de Ríos
Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merlín arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: unha silueta de cabalo, unhas marionetas, un teatriño a modo de pupi siciliano e un Kamishibai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica do reino de Galiza e a súa relación coa coroa de Castela. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galicia, e seguirán o seu camiño.
Funcións
Concello de Valga. 3 de maio, 18.30 h, Auditorio de Valga
Concello de Vilagarcía. 4 de maio, 12.00 h, Salón García
Concello do Carballiño. 4 de maio, 19.30 h, Auditorio do Carballiño
Concello de Palas de Rei. 10 de maio. 17.00 h, Casa da Cultura
Concello de Chantada. 11 de maio. 11.30 h, Praza do Cantón
Concello de Vilalba. 12 de maio, 19.00 h, Praza da Constitución
Concello de Carral. 16 de maio, 18.00 h, Edificio Social Toñito Espiñeira
Concello de Aranga. 17 de maio, 12.00 h, Campo da feira da Castellana
Concello da Estrada. 18 de maio, 12.00 h, Rúa Calvo Sotelo
Concello de Muxía.18 de maio, 18.30 h, Biblioteca Municipal
Concello de Castro Caldelas. 19 maio, 18.30 h, Praza do Prado
Concello de Manzaneda. 25 de maio, 11.30 h, Centro de Día
Concello San Xoán de Río. 25 de maio, 18.00 h, Praza da Igualdade