Estará acompañado da Banda dos Borges, músicos de gran traxectoria e recoñecemento, e ofrecerá un repertorio de cancións en galego da súa autoría, fusión musical entre o rock, o pop, e o funkie
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, e o deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural e Cultura, Jorge Cubela López, acompañaron ao propio cantautor, Francisco Castro, no concerto que este dará co seu grupo, a Banda dos Borges, para celebrar o Día das Letras Galegas en Mos.
O concerto, promovido e organizado polo Concello de Mos grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra terá lugar o 17 de maio ás 22.00h no Pazo de Mos con entrada libre e gratuíta.
Mos conmemorará deste xeito as Letras Galegas 2024, adicadas á autora Luísa Villalta, cun concerto de Francisco Castro e a Banda dos Borges no que presentarán o seu 1º disco titulado Agora é o Tempo.
Ofrecerán un repertorio de cancións en galego autoría de Francisco Castro. Cunha fusión musical entre o rock, o pop, e o funkie de ritmos pegadizos. Trátase dunha banda de músicos de gran traxectoria e recoñecemento con Francisco Castro á cabeza (Voz/ Guitarra). Completan o elenco Federico Welicki ao baixo, Verónica Santalices e Erika Welicki Santalices nos coros, Paulo Da Lima Silva na batería, Daniel Figueroa Troncoso á guitarra, Víctor Vega Pérez tamén guitarra e René Zerpa aos teclados.