domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísPontevedraA Deputación destina medio millón de euros ao saneamento e mobilidade en...

A Deputación destina medio millón de euros ao saneamento e mobilidade en Bueu

As axudas serán aprobadas esta mañá na Xunta de Goberno “como unha mostra da aposta investidora do goberno provincial neste municipio”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou ao alcalde de Bueu, Félix Juncal, un apoio de 460.000 euros para a ampliación da rede de abastecemento e saneamento na zona de Bon de Abaixo e outra axuda de 80.000 euros para a pavimentación do camiño IVBE-111 en Beluso.

Nunha reunión marcada por un clima de cordialidade e vontade de entendemento, ambos os dous mandatarios repasaron asuntos de interese mutuo e outras proxectos de futuro no que ambas institucións poderían colaborar.

Escoita as declaracións de ámbolos dous mandatarios trala xuntanza:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS