O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, proseguiu hoxe co proceso de escoita activa iniciado o luns coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) con dúas reunións: coa secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, e co líder sindical da CIG, Paulo Carril. Esta rolda de contactos cos principais axentes sociais e económicos de Galicia continuará a vindeira semana co máximo representante de UXT, José Antonio Gómez.
O conselleiro de Emprego reúnese cos líderes sindicais de CCOO e CIG en Galicia
Nas xuntanzas incidiu na importancia da colaboración público-privada e no diálogo para seguir impulsando a actividade económica