As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas
O proceso participativo con motivo da elaboración da Estratexia Ponteareas 2030 rexistrou un éxito de asistencia grazas á participación das entidades máis significativas do concello en representación de todos os veciños e veciñas.
Na reunión puxéronse en contraste as diferentes cuestións que atinxen ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento e inclusividade que marca a Axenda 2030. Logo deste acto de participación dos axentes locais, procederase á análise das ideas e iniciativas populares que se terán en conta á hora de deseñar as liñas específicas de actuación.
A Estratexia Ponteareas 2030 supón un instrumento estratéxico a nivel medioambiental, económico e social para o desenvolvemento na vila e no que o goberno leva traballando moitos meses logo do apoio unánime no pleno municipal.
Estas metas compréndese dentro do marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, aprobados no 2015 pola ONU coa fin de establecer en todo o planeta políticas de desenvolvemento económico, social e medioambiental, así como unha reformulación nas formas de consumo.