jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Ponteareas inaugura as mostras do concurso 'Talento Xove'

O Concello de Ponteareas inaugura as mostras do concurso ‘Talento Xove’

As mostras dos máis de 300 mozos e mozas que participaron podense ver no Museo Municipal da vila
Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio

O Concello de Ponteareas inaugura á exposición das mostras participantes no concurso ‘Talento Xove’, un certame que puxo en marcha a administración local co obxectivo de fomentar a participación dos mozos e das mozas en actividades creativas e artísticas. En total, inscribíronse máis de 300 persoas de ata 30 anos.

A exposición estará aberta ao público ata o próximo 18 de maio, día que no que serán entregados os premios logo da valoración dun xurado profesional. Estarán dispoñibles as mostras de todas as categorías, agás as de música e danza, as cales terán a súa propia final no Auditorio Municipal os días 4 e 11 de maio, respectivamente. Tamén se decidirá o gañador ou a gañadora de cociña o 4 de maio nas instalacións de Mercatea.

No acto de inauguración, participou o edil de Xuventude, Cristian Montes, quen agradeceu aos máis de 300 mozos e mozas que participaron neste concurso a súa implicación e traballo e apuntou que “sodes o exemplo de que a mocidade conta cun enorme talento que desde as administracións públicas debemos potenciar e coidar” e a alcaldesa, Nava Castro, quen indicou que “é un orgullo comprobar como unha das nosas esencias como é o talento no eido da arte continúa latente entre os nosos veciños e veciñas máis novos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS