jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsA RaiaSalceda consegue máis de 2500 metros cadrados de chan para equipamentos xunto...

Salceda consegue máis de 2500 metros cadrados de chan para equipamentos xunto ao Centro de Saúde

Ademais conséguense máis de 1000 metros cadrados para destinar a vivenda protexida

O Boletín Oficial de Pontevedra publicou o pasado 17 de abril a aprobación definitiva do proxecto de reparcelación do polígono II do PERI UE-02 de Salceda de Caselas, o que supón a dotación de 2.738 metros cadrados de chan para equipamentos. Deste xeito o Concello conta por fin con terreos nos que poder instalar infraestruturas tan necesarias como un centro de día ou un novo auditorio.


A reparcelación supón ademais a creación dunha área de 1.060 metros cadrados para
destinar a vivenda protexida. A intención do equipo de goberno é poder facilitar o acceso á
vivenda para a xuventude, para o que se solicitou xa unha xuntanza co director do Instituto
Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, para abordar esta e outras cuestións importantes para o Concello.


Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “un dos principais obxectivos era conseguir chan
para vivenda protexida dirixida á xuventude, que cada vez ten máis dificultades á hora de atopar vivenda”.


Ademais o polígono contempla a creación de dúas amplas zonas verdes cun total de
5.662 metros cadrados, e complétase con 7.042 metros de chan residencial de promoción
privada. Deste xeito as 30 persoas propietarias das parcelas iniciais obteñen chan en condicións de edificar, nunha zona estratéxica na que ata o de agora non podían construír. Complétase así o desenvolvemento do PERI UE-02, que unha vez executado suporá a
apertura da rúa Mártires de Sobredo ata enlazar coa rúa Gándara.


Loli Castiñeira: «Vimos de dar un paso moi importante para Salceda; conseguimos chan a
través desta figura urbanística especial para dotar de infraestruturas moi necesarias no noso Concello».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS