Un home de 80 anos faleceu este venres pola maña na praia de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña) a onde acudira a darse un baño.
Foi rescatado por un particular cara as 12.25 horas.
A pesar de que se mobilizou o helicóptero do 061 con base en Ourense, non foi posible facer nada por salvarlle a vida.
As forzas de seguridade investigan as circunstancias do suceso.