Dous profesionais máis atópanse realizando as prácticas e se incorporarán nos próximos meses
O equipo estará formado por un total de 21 axentes e 2 oficiais no próximo ano
O novo oficial da Policía Local de Ponteareas tomou posesión do seu cargo nun acto organizado polo Concello. Un posto ao que chega logo da praza de promoción interna convocada pola administración local para todos os axentes do corpo municipal. Deste xeito, e tras realizar unha formación na Academia Galega de Seguridade, as forzas de seguridade municipais contan cun total de 2 oficiais.
Esta cifra compleméntase cos actuais 15 axentes operativos na súa totalidade, ademais dos 2 que se atopan no período de prácticas e que se incorporarán ao corpo nos próximos meses. Non obstante, o equipo será ampliado coa integración progresiva de máis efectivos mediante a oferta de emprego público ata confeccionar un equipo de 2 oficiais e 21 axentes no próximo ano.
Neste sentido, o tenente de alcalde, Juan Carlos González, apunta que “continuamos apostando polo reforzo neste servizo municipal co obxectivo de que os veciños e as veciñas conten cun corpo de Policía Local que respondan as súas necesidades”.