As participantes aprenderon técnicas de fácil asimilación para repeler os
ataques máis habituais e tamén nocións de protección xurídica
Un total de 26 mulleres de diferentes idades participaron hoxe na primeira quenda do curso de defensa persoal feminina que organiza o Concello do Porriño, a través da súa concellería de Igualdade, e en colaboración coa Policía Local.
A actividade conta con monitores de defensa persoal que, en colaboración con axentes
da policía local, ensinan ás participantes técnicas de fácil asimilación para repeler os
ataques máis habituais. Nesta edición, contan tamén cunha introducción teórica na
que o maxistrado Juan José Trashorras, aborda a protección xurídica e explica, entre
outras cuestión, as diferencias entre lexítima defensa, o medo insuperable e o uso
proporcional da forza.
Na quenda de hoxe participaron tamén as concelleiras de Igualdade e Infancia,
Carolina González e Rosa Isabel Alonso, que xunto co resto de compañeiras iniciáronse
nas diferentes técnicas de defensa. As representantes municipais destacaron que se
trata de información moi práctica para a vida cotiá das mulleres e moi necesaria, xa
que pode servir para salvar a nosa vida.
As seguintes quendas serán os días 20 e 27 de abril, de 10 a 13 h no pavillón municipal.
Dende o Concello do Porriño lembran que no é necesario inscribirse previamente, só
acudir á hora de entrada con roupa cómoda e ganas de aprender.