viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello de Ponteareas organiza unhas visitas aos "chiriguitos" da Freixa co...

O Concello de Ponteareas organiza unhas visitas aos «chiriguitos» da Freixa co obxectivo de que as persoas interesadas obteñan información de primeira man

Serán os días 15 e 16 de abril desde as 10:00 horas ata as 12:00 horas e non
é necesaria inscrición previa

O Concello organiza varias visitas aos “chiringuitos” da Freixa para aquelas persoas que estean interesadas en presentar as súas solicitudes poidan obter información de primeira man. Serán o luns 15 e martes 16 de abril desde as 10:00 horas ata as 12:00 horas e non é necesaria inscrición previa.

Deste xeito, as persoas físicas ou xurídicas que queiran optar a algún dos “chiringuitos” da praia fluvial da Freixa poden coñecer os espazos habilitados nunha visita que organiza a administración local co obxectivo de facilitar o acceso á información. Deberán presentarse no lugar a partir das 10:00 horas ambos os días e estarán acompañados pola concelleira de Medio Ambiente Silvia Fernández.

Cómpre lembrar que en total son catro “chiringuitos” e a concesión é por un período
de catro anos prorrogables. Ademais, contan con subministro eléctrico, de auga e o
correspondente saneamento. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o día 24
de abril ás 14:00 horas.

A concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, indica que “animo a todas as
persoas que estean interesadas na concesión dalgún dos chiringuitos a que se
acheguen á praia fluvial da Freixa o luns e o martes para que coñezan os espazos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS