Estará en Santiago, ao carón do Hospital Clínico de Santiago. As obras acaban de arrancar e a previsión é que poida atender aos primeiros pacientes dentro de dous anos.
A protonterapia permite tratar tumores de difícil acceso de forma máis precisa, segura e eficaz, o que acurta os tempos de tratamento e reduce os efectos secundarios.
O presidenta da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, anunciou na súa visita as obras que este centro súmase a aposta da Xunta por consolidar Galicia coma referente na abordaxe do cancro coa ampliación dos programas de cribado ou a próxima apertura do centro de medicamentos CAR-T.
Rueda destacou que Galicia vai recibir un dos dez equipos financiados pola Fundación Amancio Ortega ao Sistema Nacional de Saúde co obxectivo de promover a creación de centros específicos para este tratamento de última xeración en toda España.
Declaracións de Alfonso Rueda na visita as obras: