A terra tremeu en Mondariz, pero a poboación non o sentiu. Foi na contorna do lugar de Caxil, ás 23.31 horas do venres día 29. Rexistrouse a 17 km de profundidade e tivo unha magnitude de 2 mbLg, segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional (IGN).
Tamén houbo dous tremores na provincia de Ourense. O primeiro sismo rexistrouse o sábado sobre as 20 horas en Xunqueira de Ambía, en superficie e cunha magnitude 1,7. Horas despois, ás 4.28 horas da madrugada do domingo, outra sacudida tivo lugar en Padrenda, a 23 quilómetros de profundidade e de magnitude 1,8.