A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou este mércores o centro escolar A Sangriña, onde o Concello da Guarda está a celebrar, co apoio da Xunta, a actividade Concilia Semana Santa na que toman parte nenas e nenos de entre tres e dez anos deste municipio.
En colaboración con entidades e concellos, entre eles o da Guarda, estanse a habilitar servizos de coidado profesional para que os rapaces poidan aprender e divertirse ao tempo que permite aos pais e nais a conciliación da vida, persoal, laboral e familiar.