viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA terraO GDR Condado Paradanta presenta “Terra e Auga”

O GDR Condado Paradanta presenta “Terra e Auga”

A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), alcaldesas e alcaldes dos dez concellos, a propietaria do Pazo Pegullal, Rosario Andrade, e asociacións e colectivos representativos do tecido social, cultural e económico estiveron presentes neste acto que tivo lugar no Pazo Pegullal de Salceda de Caselas.

As cores e palabras da nova marca fan un guiño á estratexia de crecemento sostible que aposta polos recursos naturais, pola riqueza da terra e pola importancia da auga que a rega e os ríos que configuran o territorio destes dez concellos.

“Presentamos un traballo conxunto entre os dez Concellos, temos que ter visión de equipo e deixar a visión localista que ás veces temos. A xestión dos investimentos para cada un dos nosos Concellos xa a realizamos no día a día dos nosos gobernos locais, aquí os proxectos son de todos e de todas, somos un grande territorio. Para que este proxecto sexa de éxito son precisas moitas cousas: que creamos nel, que creamos no noso potencial, que o coidemos, que o poñamos en valor, e unha vez que o fagamos, agora si, estamos en condicións de promocionalo”, sinalou a alcaldesa de Salceda de Caselas durante a súa intervención.

O GDR Terra e Auga avanzará estratexicamente cara un modelo de crecemento rural máis sostible e dinámico. “Cambiar o nome por un máis inclusivo e representativo supón o primeiro paso dunha nova etapa para o GDR na que potenciaremos o desenvolvemento socioeconómico sostible, endóxeno, harmónico do noso territorio de actuación a través da xestión do programa LEADER e outras fontes de financiamento público/privado” salienta o presidente do GDR e alcalde de Covelo, Pablo Castillo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS