viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA terraO turismo galego afianza a súa desestacionalización cun incremento de viaxeiros en...

O turismo galego afianza a súa desestacionalización cun incremento de viaxeiros en febreiro

A Xunta traballa por consolidar este dato de cara a esta Semana Santa, para a que as previsións do sector son optimistas, con ocupacións de ata o 90%

O Instituto Nacional de Estatística fixo públicos este venres os datos de viaxeiros aloxados nos hoteis e pensións galegos durante o pasado mes, que constatan o avance cualitativo do turismo en Galicia.

As cifras constatan que Galicia afianza a súa desestacionalización con incrementos de viaxeiros, noites e rendibilidade fóra de temporada alta.

Deste xeito, coincidindo co mes do Entroido, os hoteis e pensións galegos rexistraron algo máis de 202.000 viaxeiros que fixeron máis de 364.000 noites, cifras que supoñen incrementos do 3% e de case o 4% respectivamente con respecto ao ano pasado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS