O Club Natación Mos, xunto ao Concello de Mos, pon en marcha unha nova edición deste campionato que acada a súa undécima edición e terá lugar na piscina municipal do pavillón Óscar Pereiro o último domingo do mes de abril.
O presidente do Club mosense, Adrián Trillo, informou de que “este ano a gran novidade do Campionato será a entrega do Trofeo de Campión ao colexio que máis puntos obteña”.
O 28 de abril celébrase o Campionato de Natación Escolar Val da Louriña
Poderán participar nenas e nenos nacidos entre os anos 2010 e 2017