sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeMinuto de silencio en repulsa ao primeiro caso de violencia de xénero...

Minuto de silencio en repulsa ao primeiro caso de violencia de xénero en Galicia

Toda a sociedade, dende institucións e administracións públicas a particulares, amosou hoxe a súa repulsa contra a violencia machista logo do asasinato, na tarde de onte, dunha muller de 25 anos en Ribeira a mans da súa ex parella

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, dependente do Ministerio de Igualdade, vén de confirmar que o asasinato trátase dun caso de violencia de xénero, o sétimo no que vai de ano en España, o primeiro na nosa Comunidade.
As mesmas fontes aseguran que existían denuncias previas por violencia de xénero contra o presunto agresor por parte doutra parella. Pola contra, da vítima mortal non constaban denuncias previas nin estaba dentro do sistema VioGén
A vítima, A. Y. de 25 anos e o presunto autor do crime, a súa ex parella, J. P. duns 40 anos, tiñan un fillo en común de 2 anos que no momento do suceso non se atopaba na casa.

O desta moza é o crime machista número 68 cometido en Galicia dende que existen estatísticas oficiais, no ano 2003. Dende entón contabilízanse en toda España 1.247 as mulleres asasinadas polas sús parellas ou ex parellas.

Goberno galego
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, e doutros membros do Executivo, participaron tamén dese minuto de silencio.

Elena Rivo:

Ante a violencia machista, 016
O teléfono 016 atende as vítimas de violencia de xénero las 24 horas do día, tódolos días do ano. Se ti ou alguén que coñeces é vítima de violencia física, psicolóxica, sexual, económica ou de calquera outra índole chama. O número non queda rexistrado na factura telefónica.
No caso de necesitar axuda urxente, no 112 os equipos de Emerxencias auxiliarán con rapidez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS