sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasCans promove un documental sobre Don Cesáreo, o histórico cura que andaba...

Cans promove un documental sobre Don Cesáreo, o histórico cura que andaba en vespino

O Festival fai un chamamento a persoas que poidan ter fotografías, vídeos ou audios gravados onde apareza este histórico cura, así como a quen poida aportar testemuñas orais

“Don Cesáreo, o cura da Vespino”, será o título deste traballo documental colectivo que se desenvolverá no Proxecto Cans 303, que impulsa o Festival de Cans coordinado polo cineasta e videoartista Juanna Lodo.
O obxectivo deste proxecto que comezou hai máis dunha década, é rescatar e preservar a memoria oral e documentación inédita como fotografías, vídeos, rexistros sonoros ou páxinas de xornais impresos.
Cesáreo Silva naceu en 1930 no barrio de Atín (Cela, Mos) e estivo destinado nesta parroquia do Porriño entre principios dos anos 50 e finais dos 80. Don Cesáreo converteuse ao longo de varias décadas nunha figura imprescindible da paisaxe local. Un cura corpulento, sempre vestido de sotana, con grandes gafas de aumento e movéndose dun lado a outro cunha motocicleta Vespino de cor laranxa, do que case cada persoa pode contar unha anécdota que provoque un sorriso, desde as sorprendentes homilías que pronunciaba nas vodas, compadecéndose da Virxe María porque dicía que “non tiña lavadora”, ata enérxicas discusións, nunha época na que os curas andaban polas casas da xente na Pascua ou nas festas e se sumaban a unhas comidas interminables. Don Cesáreo faleceu no ano 2010.

Só tres prazas para inscribirse no Proxecto Cans 303

Quedan só tres prazas dispoñibles para participar neste documental do Proxecto Cans 303, no cal o alumnado adquirirá nocións básicas de produción, guión e montaxe audiovisual, ao mesmo tempo que desenvolve un proxecto práctico, neste caso a través do documental “Don Cesáreo, o cura da Vespino”.
As clases serán impartidas polo cineasta Juanma Lodo e desenvólvense todos os sábados pola mañá ata mediados de maio. Poden participar persoas a partir de 15 anos e o prezo é de 30 euros, cun desconto do 50% para socios da Asociación Cultural de Cans ou da asociación de veciños da aldea. As persoas que desexen inscribirse poden facelo a través dunha mensaxe privada nas redes sociais do festival. O prazo remata este venres, 22 de marzo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS