O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, asistiu á presentación desta iniciativa na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde asegurou que “o obxectivo é darlle vida ao noso rural a través da cultura e darlle tamén vida á nosa cultura a través do rural; mesturados, son marca Galicia”.
Máis de dous millóns de galegos beneficiaranse da nova rede de dinamización cultural no rural
Trátase da Rede Adival, que se constituirá previsiblemente este ano e funcionará coma unha asociación voluntaria na que as entidades públicas e privadas adheridas colaboren entre si e coas administracións para potenciar a cultura nas áreas non urbanas