Con esta aportación ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, o Concello sufragará o 100% do orzamento da reforma dos vestiarios do campo de fútbol municipal, situado no lugar de Chan.
Habilitaranse dous novos vestiarios nas instalacións, que se atopan baixo a grada do campo, e resolveranse as actuais filtracións de auga da fachada dos mesmos.