Estas visitas, dirixidas por guías profesionais do parque nacional, pretenden dar a coñecer entre os visitantes o patrimonio natural e ambiental de ambos arquipélagos así como aspectos destacados da súa historia. Todos os itinerarios, entre os que se inclúen algúns específicos para menores de idade, están pensados para grupos reducidos cos que garantir unha experiencia de calidade e personalizada promovendo ao mesmo tempo a preservación da contorna.
Unha das rutas dispoñibles é Cíes, illa das paisaxes, programada para os días 23, 24, 30 e 31 de marzo tanto en horario de mañá como de tarde. Outra opción é Ons, unha illa de dúas caras, prevista para os días 24, 29, 30 e 31 de marzo ao mediodía.
Nesta liña, o parque nacional ofrece esta primavera de forma complementaria un total de 140 prazas para participar en rutas guiadas polos catro arquipélagos -Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada-, co fin de dar a coñecer entre os visitantes os seus principais valores e singularidades nunha época do ano distinta ao verán e na que, ademais, moitos procesos naturais se poñen en marcha nas illas. As visitas serán de balde e enmárcanse no programa Descubrindo o Parque Nacional.