viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO País32 concellos buscan cubrir 127 prazas de auxiliar de policía

32 concellos buscan cubrir 127 prazas de auxiliar de policía

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da oposición por quenda libre para a contratación das persoas que superen as probas en réxime laboral temporal ou formar parte da listaxe de reserva

O prazo de inscrición ábrese este martes, 19 de marzo, e prolóngase durante 10 días hábiles. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Os 32 concellos que convocan as 127 prazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Cambados, Cangas, Gondomar, Marín, Meaño, Moaña, O Grove, O Rosal, Poio, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Bergondo, Boiro, Camariñas, Carballo, Cedeira, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Noia e Ponteceso, na provincia da Coruña; así como os concellos ourensáns de Barbadás e O Barco de Valdeorras e Mondoñedo, en Lugo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS