Todos eles farán unha plantación simultánea durante a mañá do vindeiro día 21, Día da Árbore.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou durante a presentación que “con iniciativas coma esta desde a administración local queremos concienciar á veciñanza e aos escolares monsenses na loita contra o cambio climático. Para elo desenvólvese desde o departamento de Medio Ambiente este proxecto de reforestación participativa”.