O pregón da actriz Isabel Blanco abrirá o programa festivo o sábado 30 ás 12.45 horas na praza da Inmaculada. Nesa mesma xornada Fillas de Cassandra ofrecerán un concerto, á media noite, no Recinto Feiral.
Unha morea de actuacións musicais, concertos e verbenas, espectáculos infantís, teatro e gastronomía durante 10 días de festa, que rematarán coa solemne procesión de San Telmo que percorrerá as rúas de Tui e coa tirada de fogos piromusicais.
Coñece toda a programación aquí: