O alto tribunal galego revogou a sentenza e condenou ao sospeitoso a tres anos e medio de cárcere, así como ao pagamento dunha multa de 2.400 euros.
Condenado a tres anos e medio de cárcere o apoderado dun xeriátrico por estafar a un residente
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu o recurso de apelación interposto polo Ministerio Fiscal contra a sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Ourense na que absolveu do delito continuado de estafa a un apoderado dunha residencia xeriátrica, a quen un residente na mesma instituíu herdeiro universal de todos os seus bens, á vez que desherdaba ás súas dúas fillas