Ademais da concesión do premio, María Vázquez colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas de Cans, o venres 24 de maio, á beira doutros homenaxeados como Jorge Coira, Luis Zahera, Luis Tosar ou Margarita Ledo.
Outros dos galardóns honoríficos do Festival de Cans son os Chimpíns de Prata, que premian o impulso e a relación de profesionais e veciños co certame..O Chimpín de Prata “Pepe Puime”, será nesta edición para a actor , Eduardo Rodríguez “Tatán”.
O Chimpín “Divina Campos” será para o ilustrador e debuxante Luis Davila «O Bichero».
E o chimpín dos veciños recaer na muller máis vella da aldea, Fermina Fernández, a Señora Fermina do Pouso, que está próxima a cumprir os 100 anos de idade.