A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, destacou a importancia de fomentar a reciclaxe nas instalacións deportivas e puxo en valor este tipo de accións que promoven o compromiso co medio ambiente do conxunto da cidadanía.
A campaña Somos especiais, reciclamos forma parte do acordo de colaboración entre a
Xunta e Ecoembes co fin de impulsar a economía circular en Galicia e sensibilizar a
sociedade galega sobre a importancia de reciclar. Neste sentido, o Executivo galego
realizou anteriormente accións formativas e de limpeza en materia de recollida con outros
clubs deportivos galegos como o RC Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo, o Liceo de
hóckey a patíns, o Santiago Futsal ou o Leyma Coruña de baloncesto.