A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou a localidade para coñecer diversas melloras executadas en 2023 ao abeiro das liñas de axudas ao eido local.
Investimento de case 800.000 euros
Ademais destas axudas, o Concello do Porriño recibiu o pasado exercicio máis de medio millón de euros do fondo base do Fondo de Cooperación Local. Nos últimos anos, o apoio do Goberno galego a diferentes actuacións no marco de distintos convenios e das liñas de axudas a infraestruturas e melloras ambientais sumou preto de 800.000 euros.