domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoRuta para aprender a identificar as aves polo seu canto

Ruta para aprender a identificar as aves polo seu canto

O Concello do Rosal organiza o 7 de abril a segunda edición do obradoiro ‘A lingua das aves’

Trátase dunha ruta pola Senda de Pescadores e o río Tamuxe na que as persoas participantes poderán descubrir as aves que viven na contorna, aprender a identificalas polo seu canto e saber como e por que chían, ademais de promover actitudes de respecto cara ao medio rural.
A saída será ás 10.00 horas dende o parque do Tamuxe, con remate ás 13.00 horas na área recreativa das Aceñas.

A ruta será de balde e contará con prazas limitadas, polo que para participar será necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a inscrición enviando un correo electrónico ao enderezo info@biophilia-ambiental.es ou chamado ao número de teléfono 693 56 26 74.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS