A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez, achegáronse ata o barrio do Casal, onde foron recibidas por Dámaso, propietario desta peculiar familia de burros.
Jamili, que resultou ser macho, viu a aumentar a familia de guapos formada pola parella de Milucho e Begoña; pois Milucho ostenta o título de burro máis bonito de Galicia e agora xa ten en Jamili ao seu digno herdeiro.