jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísA FP de hostalería e turismo, un dos alicerces do récord de...

A FP de hostalería e turismo, un dos alicerces do récord de visitantes en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este martes a Formación Profesional especializada nas ramas de hostalería, gastronomía e turismo como un dos factores que xustifican o récord de visitantes que está a recibir a nosa Comunidade.

“O ano pasado foron sete millóns de visitantes e todas as previsións apuntan a unha consolidación, que é case máis importante que o crecemento, polo que hai que estar preparados para atendelos como merecen”, asegurou.

Neste sentido, Rueda puxo en valor os oito centros integrados de FP de Hostalería e Turismo cos que conta Galicia, entre os que se atopa o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, o cal vén de rematar un proceso de ampliación gracias a un investimento da Xunta de 2,8 millóns de euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS