O dono foi evacuado ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde do Porriño.
Eran as 21.30 horas do domingo cando o 112 Galicia recibiu unha chamada por un incendio nun cuberto lindeiro a unha vivenda, situada no lugar de Arroteira. Tratábase do propio afectado quen contactaba co servizo de emerxencias para pedir axuda. Non foi o único alertador, outros comunicaron ao 112 os mesmos feitos, polo que, rapidamente, se activaron os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos. Neste caso, os Bombeiros do Baixo Miño e os axentes da Policía Local e da Garda Civil.
Tamén foron informados os Bombeiros de Vigo, e, máis tarde, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido á situación nerviosa que estaba a sufrir o dono do cuberto.
Pola súa parte, os sanitarios trasladaron o afectado, e os bombeiros centráronse en sufocar o incendio, que devorou por completo o alpendre con todo o que había dentro, fundamentalmente, ferramentas e vehículos.
Un home sofre unha crise nerviosa logo de incendiárselle un cuberto
Sucedeu a pasada noite no Porriño. A estrutura ardeu por completo con todo o que contiña no interior: vehículos, ferramentas e outros aparellos.