Entre as autoridades atopábanse ademáis da alcaldesa e concelleiras mosenses, Nidia Arévalo, Feli Rodríguez, Julia Loureiro, Sara Cebreiro e Laura Méndez; a conselleira de Emprego e Igualdade, Elena Rivó; Sandra Bastos, deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra; a tamén deputada e alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e outras mulleres corporativas de concellos veciños.
O acto contou coa animación e actuación en directo doutra muller, a Dj Chus Lestayo.
Nidia Arévalo indicou na súa intervención que “hoxe quero lembrar ás mulleres da historia mosense, as nosas nais, avoas e bisavoas, leiteiras, costureiras, traballadoras do campo… exemplo inspirador, pioneiras que nos abriron camiño, un camiño que non foi fácil, elas loitaron antes para que hoxe en día exista a incorporación da muller ao mundo laboral, e a mellora dos dereitos laborais sexa hoxe unha realidade”.