sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasInterceptado no Porriño un condutor ebrio con tres menores

Interceptado no Porriño un condutor ebrio con tres menores

A Policía Local denunciou a un home, de 34 anos de idade, por conducir ebrio levando a tres menores de idade no vehículo

Os feitos aconteceron á unha da madrugada deste domingo, 10 de marzo, cando no marco dun control preventivo de alcoholemia e seguridade cidadá na Avenida de Bos Aires, se dá o alto a un vehículo e se require ao condutor a realización da proba de detección alcohólica, arroxando un resultado positivo cunha taxa de alcol de 0,81 mg/l en aire espirado.
O condutor está investigado por un presunto delito contra a seguridade vial por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas. Cabe destacar que no interior do vehículo viaxaban tres nenos, polo que se inmobiliza o vehículo no domicilio do investigado, coa súa autorización. Ao tratarse de menores, dende a xefatura da Policía Local do Porriño deuse conta, ademais da fiscalía, aos servizos sociais do seu concello de procedencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS